Volver
Imaxe de Galicia 09

I. Presentación

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), coa colaboración e o patrocinio da Novacaixagalicia, convoca o II Premio A imaxe de Galicia, co fin de fomentar e recoñecer o traballo dos xornalistas gráficos en Galicia e de acordo coas seguintes bases:

 

II. Bases de participación

1. Participantes

Poderán concorrer a este Premio todos os fotoxornalistas que teñan publicado algún traballo sobre a Comunidade Autónoma de Galicia en calquera medio informativo e que formalicen a súa inscrición de acordo co disposto no terceiro punto destas bases.

 

2. Condicións Xerais

 

 

 

 

3. Prazo e condicións de inscrición

 

4. Xurado

O xurado estará formado por cinco membros: un representante da Novacaixagalicia e outro do CPXG, e tres profesionais da fotografía, que analizarán os traballos recibidos e elixirán as 50 mellores fotografías entre todas as recibidas. Ao xurado faráselle chegar o material sen identificación algunha do autor. O xurado contará co apoio dun secretario, que non terá voz nin voto.

O gañador será aquel elixido polo xurado de entre as 50 fotografías seleccionadas.

A participación neste concurso implica a autorización ao CPXG e Novacaixagalicia para a inclusión das imaxes presentadas nunha exposición, catálogo, páxina web e, no caso da fotografía premiada, para a reprodución, distribución e comunicación pública a través de calquera medio.

O CPXG e a Novacaixagalicia resérvanse o dereito a publicar a relación das obras seleccionadas, a información correspondente ás mesmas e o nome e apelido dos seus autores por calquera medio que estimen conveniente.

 

 

 

 

O fallo do xurado darase a coñecer na segunda quincena do mes de xuño.

Con posterioridade ao fallo realizarase, nas sedes de Novacaixagalicia, unha exposición cunha selección das fotografías presentadas.

Os traballos quedarán depositados na organización formando unha base de datos que ilustrarán a historia do premio.

 

5. Premios

O certame estará dotado cun único premio en metálico de 9.000 euros e non poderá ser declarado deserto.

De acordo coa normativa vixente, a entrega do citado premio constitúe un rendemento suxeito ó imposto sobre a Renda de Persoas Físicas (IRPF), do seu perceptor, sometido á correspondente obriga de retención a conta de dito imposto por parte do pagador.

 

6. Outras normas

Os organizadores nomearán unha comisión específica para a organización do premio, que tomará as decisións pertinentes durante o proceso, e non admitirá recurso algún.

A participación na presente convocatoria implica a aceptación, por parte de cada participante, das presentes bases, que serán depositadas ante notario.

Non serán admitidas as propostas que non cumpran os anteriores requisitos. A documentación presentada non será devolvida nin se manterá correspondencia sobre ela.

 

 

escarga

 

 

 

 

 

Fundación Caixa Galicia Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia Fundación Caixa Galicia