O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, coa colaboración e o patrocinio da Novacaixagalicia, convoca o II Premio A imaxe de Galicia, que escollerá a mellor imaxe sobre a actualidade galega publicada nos medios de comunicación ao longo do 2010.

A nosa memoria está cada vez máis creada de imaxes, e a ese mosaico da colectividade contribúen dunha maneira esencial os medios de comunicación.

Os e as fotoxornalistas de Galicia constrúen todos os díasco seu traballo a imaxe que a cidadanía ten do significado deste país.

Coa creación deste premio, o Colexio de Xornalistas e Novacaixagalicia queren recoñecer o traballo das e dos xornalistas gráficos e a súa importancia como profesionais da información encargados de ilustrarnos co seu labor os acontecementos galegos.

Bases
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
San Pedro de Mezonzo, 36, 1º, 15701 Santiago de Compostela
981 93 56 70 - xornalistas[@]xornalistas.com
Novacaixagalicia Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia Novacaixagalicia